Parece que son a única que me animo a escribir nos blogs. Pero que é isto!!! Non aproveitades nada o tempo que nos dedicou Vicente!!!
Este ano volvín atoparme co problema de querer subir un vido a Youtube e non logralo. Supoño que o problema foi que era demasiado pesado. A solución que atopei, con axuda dun compañeiro do departamento que fai un chisco de "Vicente", foi este programiña: Format Factory 2.15. Toda unha xoia. Probade e veredes que podedes convertilos a FLV e así subir a un lugar como www.divshare.com (límite dos videos de 200MB) aquí podedes obter o código embed e logo colocalo no blog.
Recordo que o ano pasado fixeramos montaxes de video con fotos de nenos/as e sería unha solución para non ter que subilas a un lugar máis visitado como o youtube.
Do mesmo xeito este programiña seravos útil para converter os videos que baixedes de Youtube que como sabedes están en FLV.
A traballar e comentade as dúbidas.



